Ola! Benvidxs a Amiguiñxs

A túa EQUIPA de animación sociocultural en Vigo

Lana Animación

Coñecémonos?

Somos unha pequena empresa creada para proporcionar un ocio máis educativo, respectuoso, comunitario e sustentable co medio.

Encántanos traballar con, por e para persoas con valores diferentes e que esperan deixar pegada no planeta grazas á creación de experiencias únicas feitas con sumo cariño e coidado.

Ofrecemos servizos socioculturais de todo tipo: animación de eventos e cumpleanos, campamentos, iniciación ao teatro, risoterapia, manualidades, obradoiros de lectura, contacontos… Todo cun enfoque familiar, cálido e moi alegre para que vos sintades como nunha pequena familia.

Vos imaxinades desfrutando xuntos dunha gran variedade de actividades en Vigo e arredores? :)

Animación Lana

Que importante é desfrutar a vida!

Somos unha equipa moooi esixente, con ampla formación e experiencia no marabilloso mundo da animación sociocultural, que busca dar o mellor de si a tódalas persoas que nos confían os seus proxectos.

Por isto mesmo e como nos coñecemos xenial entre nós, ofrecemos un reembolso do 100% se a actividade contratada non resultou do voso agrado. Só aceptamos traballos que sabemos que sairán 10/10. Garantía, compromiso e calidade asegurada. :)

Nesta páxina poderedes ver algúns dos servizos máis solicitados, é unha guía orientativa, polo que se necesitades un proxecto alternativo volo deseñamos sen problema e cun presuposto adaptado ós vosos intereses e necesidades.

Lana Animación

Buscamos unha comunidade máis...

check

...xusta

check

...inclusiva

check

...innovadora

check

...respectuosa

check

...sostible

check

...aberta

check

...colaborativa

Poñémonos á disposición de todxs aquelxs que defenden unha comunidade no que o máis importante sexan as persoas e o seu benestar físico, sensorial psicolóxico e socioafectivo.

Como é o noso método de traballo?

Encargámonos de asesorarvos dende o principio. Todo comeza cunha chamada ou e-mail, no que nos coñeceremos un chisquiño e vos pediremos uns cantos datos.

Dependendo do tipo de proxecto, é posible que precisemos reunirnos e vernos presencialmente, pero tranquilxs, que nós convidamos ao zumiño! :D

Unha vez cos detalles en man, comezamos a planificación, coidando cada detalle, ofrecendo varias alternativas, establecendo redes colaborativas con outras entidades e, unha vez con todo planeado, o resto xa é coser, ir a tope co proxecto, e cantar!

Animación Lana

Respecto, inclusión e empatía

Conectar e empatizar

A empatía é o valor fundamental da vida. Aquí é onde comeza todo e o mundo comeza a virar.

Para min, Lana, é primordial conectar con calquera persoa e saber poñerme no seu lugar. Practicar a empatía, tanto na vida persoal como profesional, achega unha sensación marabillosa de satisfacción cunmesmo! É moi importante para o min entender a situación, personalidade e o entorno de todos os que acoden aos talleres que imparto.

Que importantes son os lazos afectivos que se basean na empatía e o respecto!

check
Colaboración

Cada opinión ten un significado emocional detrás, polo que saber crecer xuntxs dende o respecto, o cariño e o bo humor é fundamental para avanzar.Cremos que o aprendizaxe cooperativo nos empodera e nos axuda a conseguir obxectivos que, por separado, non conseguiríamos. Así que… Que vos parece se nos acompañamos na aventura de vivir? :D

check
check
Diversidade e inclusión

Cada un de nós é un universo único e irrepetible. Para conseguir unha comunidade incluínte é necesario deconstruir prexuízos e saber escoitar a todxs xs que a compoñemos, incluídos aqueles colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.

Desfrutamos agarimando os distintos modos de vida, buscando sempre a visibilización, concienciación, diálogo e, por supuesto, inclusión real, daquelas persoas cunha identidade suxeita a estereotipos inxustos e limitantes para o seu desenvolvemento humano.

check
Formación constante

Nunca paramos de aprender! Os procesos de aprendizaxe duran toda a vida, recordades o famoso dito: “non te deitarás sen saber unha cousa máis”?

Pois tal cal! Tomámonos moi en serio a reciclaxe de coñecementos, o pensamento crítico e a formación permanente, actualizándonos constantemente nas últimas pedagoxías activas propias da educación non formal.

check
Economía circular

Facemos todo o que está na nosa man para non engrosar o impacto negativo do cambio climático.

Como? Reducindo a nosa pegada de carbono, buscando proveedores de comercio ecolóxico, xusto e local, fuxindo dos plásticos todo o que nos é posible, practicando a reciclaxe e a reutilización de materiais nas nosas actividades e educando sempre en valores proambientais.

Colaboracións

A animación sociocultural non é so a nosa profesión, senón unha maneira persoal que temos de entender e sentir o mundo no noso día a día, é unha vocación de vida que nos acompaña alá onde imos, no laboral e no persoal.

Por iso colaboramos en rede con outras organizacións e entidades riquiñas. Sodes vós unha delas? Xenial! Estamos encantadxs de traballar en equipo!

Animación Lana

Todas as nosas novedades no Facebook

Búscanos en Instagram