Un cambio de aires? Vos axudamos!

Dinamización comunitaria

Os dinamizadores comunitarios somos axentes de cambio que fomentamos a participación e implicación da poboación nos asuntos que lles incumben con respecto ó barrio o que pertencen.

Deseñamos servizos e redes de apoio entre cidadáns, para dotalxs das ferramentas necesarias que lles permitan transformar a súa localidade nun lugar moito máis inclusivo, amable, xusto e atractivo para todxs. Un lugar onde soñar, realizar proxectos abraiantes e querer vivir en compañía.

Para ilo valémonos da experiencia e de estudadas estratexias analíticas que nos axudan a escudriñar a solución máis eficaz para cada caso. Realizamos diagnose, planificamos, intervimos e avaliamos todo o proceso de empoderamento do barrio de principio a fin.

Actuacións

As nosas actuacións resúmense en:

  • Favorecer a creación de redes colaborativas, socioafectivas e de apoio entre a veciñanza.
  • Concienciar sobre a importancia do respecto, a diversidade, o compañeirismo, a inclusión e a solidariedade.
  • Promover actividades de interese social, deportivo e cultural para toda a comunidade.
  • Visibilizar a economía local, ecolóxica e sustentable.
  • Motivar á cidadanía a implicarse e participar nas decisións e proxectos que lles concernen en canto a barrio, a fin de que teñan unha maior autonomía e independencia.
  • Mediar en caso de conflitos entre colectivos ou persoas.
  • Establecer unha comunicación directa entre as administracións e a veciñanza.

Por todos estes beneficios e moitos máis, un dinamizador comunitario pode ser a pizquiña de ledicia e apoio que necesita o voso entorno, polo que se buscades unha transformación local como asociación, colectivo ou comunidade de veciñxs, estamos a vosa disposición.

Animación Lana
Animación Lana
Lana Animación

Festas e eventos

O ocio forma parte da nosa vida, permítenos festexar, relaxarnos, gozar e desconectar dos nosos deberes, axudándonos a “recargar as baterías”.

Como profesionais queremos saírnos da norma e aportar un tempo de lecer de calidade, educativo e inclusivo que favoreza o desenvolvemento integral de tódolos participantes.

Un ocio que nos permita crecer como persoas, un ocio para vivir novas, apaixonantes e divertidas experiencias, para estar cas nosas amizades, e para aprender a desfrutar de cada detalle nun día único onde soamente tendes que despreocuparos e deixaros levar, porque do resto xa nos encargamos nós.

Non deixamos os valores de lado, e ben sexa aniversario infantil ou xuvenil, entroido, voda ou Samhain, coidamos cada xesto con cariño e paciencia ata atopar a mistura perfecta de seguridade, sostibilidade, diversión e socialización.

Complementos

Algúns dos complementos que ofrecemos nos nosos eventos

  • Servizo de animación con xogos e sesión de risoterapia.
  • Preparación de grandes xogos, brinquedos populares, xincanas, relevos, scape rooms e buscas do tesouro.
  • Maquillaxe profesional de fantasía.
  • Servizo de coidado de peques sen animación.
  • Obradoiro de chapas, hamma beads e manualidades varias.
  • Inchables homologados con monitorizado formado.
  • Cañón de escuma.
  • Fotógrafo profesional.
  • DJ.
  • Mesas de aperitivos saudables.
  • Decorados tematizados e fotocol.

Campamentos e convivencias

Realizamos campamentos, colonias e convivencias para tódalas idades (infancia, xuventude, adultos e maiores), co fin de promover xornadas lúdicas onde a xente poida relacionarse, xogar, aprender e descubrir segredas afeccións.

Como cada persoa é única, sempre incluimos na programación actividades do máis variadas e divertidas para non deixar indiferente a ninguén. :)

Ideal para os períodos vacacionais (verán, Semana Santa, Nadal…), estas convivencias duran varios días e están coidadosamente deseñadas para que o pasedes xenial con tooodas as súas letras. Palabra palabriña!

Animación Lana

Obradoiros

Risoterapia

Organizamos sesións de risoterapia para empresas, asociacións e particulares, ideais para pasar unha mañá ou tarde totalmente divertida deleitándonos ca nosa extraordinaria ridiculez, manexando as nosas vergoñas e mellorando a nosa autoestima grazas a tres conectores complementarios:

  • O xogo distendido.
  • A boa compañía.
  • A diversión e a risa. Moooita risa.
Animación Lana
Animación Lana
Lana Animación

Manualidades lúdicas e educación artística

Nestes obradoiros traballamos especialmente a motricidade fina e concentración nun entorno calmo e tranquilo, plasmando en cada obra un recantiño da nosa personalidade.

Nas manualidades buscamos obter algunha utilidade práctica ou estética, fuximos do plástico comprado e procuramos fomentar a reutilización e o emprego de materiais ecolóxicos ou de desfeito, o que nos axuda a ser máis conscientes das posibilidades creativas que nos ofrece a natureza, a revalorizar a nosa relación co medio ambiente e a reducir a pegada de carbono á par que non contribuimos a industrias contaminantes.

A educación artística, en contraposición ás manualidades, céntrase nos procesos creativos e na transformación do medio sen importar o resultado estético ou utilidade final, senón máis ben centrándose no desfrute espontáneo, a experimentación in situ e a expresión de emocións e ideas a través das diferentes vivencias e técnicas artísticas que nos serven como guía, sen marcar un final preestablecido.

Iniciación ó teatro

En iniciación ó teatro, empregamos a expresión corporal e a oralidade, construimos personaxes simpáticos, absurdos e extravagantes, improvisamos en peculiares escenarios, creamos dende cero teatrillos de sombras, contos para o kamishibai, confeccionamos o noso atrezzo... E, por suposto, representamos obras orixinais cun guión que elaboramos entre todxs.

En definitiva, en teatro damos liberdade á sensibilidade e imaxinación, ao tempo que trazamos novas amizades nun entorno moi ameno onde todo é puro teatro!

Animación Lana
Animación Lana
Lana Animación

Educación emocional

Nas clases de educación emocional xogamos e personificamos representacións onde comprendemos a natureza e utilidade das emocións.

Ideal para persoas cohibidas socialmente, con tendencia a mostrar condutas agresivas ou que simplemente queren coñecerse mellor, nestes obradoiros compartimos sen xulgar as nosas 'virtudes' e 'defectos', para pouco a pouco aceptarnos e construirnos en base a unha autoestima cariñosa e saudable.

Tamén traballamos certas emocións que, intensas, poden ser limitantes (vergoña, ira, medo...), empregando para ilo técnicas de relaxación, regulación e respiración.

Facemos dinámicas de comunicación e expresión cos compañeirxs onde aprendemos a valorar os coidados mutuos e a diversidade como virtudes humanas esenciais que nos permiten avanzar e analizar a realidade dende múltiples prismas.

Habilidades sociais para sentir, coñecerse mellor, experimentar e vivir dunha maneira máis estable e respectuosa tanto con nós mesmos coma cos demais.

Xogoteca creativa

Baseándonos na metodoloxía de aprendizaxe por proxectos e no método de aprendizaxe-servizo, os participantes da Xogoteca Creativa dispoñen dunha poderosa actividade na que abordamos o campo deportivo, sociocultural e artístico co fin de favorecer un desenvolvemento integral.

A actividade acostúmase realizar tódolos días de luns a vernes co obxectivo de garantir a conciliación das familias e dispor dunha actividade completa na que os participantes poidan, autónomamente e grazas á guía e ós recursos que lles facilitamos, desenvolver proxectos creativos que melloren o seu contexto ó tempo que fan novas amizades.

A actividade é ideal para ANPAS, colexios, institutos, centros sociocomunitarios, centros de día, centros cívicos, centros de atención a menores, residencias de maiores...

Animación Lana

Contacontos

Creamos contacontos tematizados dende cero ideais para asombrar a pequenxs e maiores nas festas máis importantes. Non se trata soamente de espectáculos de ver e escoitar, senón que o público convértese en actor vivo e participa activamente da función e evolución do guion, facendo que resolvan retos e misterios, interactúen en xogos, busquen polo espacio e outras dinámicas que lles axudarán a somerxerse no papel.

Tamén contamos con dúas obras teatralizadas:

  • Viaxe á illa dos dinosaurios. Unha fabulosa aventura na que actor e participantes viaxan pola mar ata dar ca illa dos dinosaurios. Similar a Jurassic Park, problemas, sorpresas e moitas emocións nos agardan neste recuncho. Conseguiremos volver sans e salvos?

    Idade recomendada: +4 anos.

  • Pirata Lata anda triste. A nosa pirata ten un problema moi gordo, seu pai, deixoulle as pistas xustas e necesarias para atopar un tesouro fabuloso que polo visto resolvería todos os males do mundo. O problema é que Lata non confía en si mesma, e máis que unha valente pirata… É todo inseguridade! Axudaralle o público a atopar o tesouro? Conseguirao? Garantímosvos que non será doado, pois de todo pode pasar!

    Idade recomendada: +6 anos.

Coidados e atención de persoas

Hai veces que se precisa un profesional para coidar e atender ós nosos seres queridos e poder conciliar.

Sexa na asemblea da ANPA, nunha reunión de traballo ou particulares no seu domicilio, ofrecemos este servizo específico de coidado e atención de persoas.

Durante a xornada realizamos xogos lixeiriños, velamos pola súa seguridade e benestar e ofrecemos a mellor compañía respectando a personalidade de cada persoa.

Tamén ofrecemos servizo de recollidas e transporte para días puntuais

Tamén ofrecemos servizo de recollidas e transporte para días puntuais.

Animación Lana
Animación Lana
Lana Animación

Programas de ocio e tempo libre

Deseñamos programas de lecer e tempo libre para asociacións, centros sociocomunitarios, concellos e outras entidades que busquen innovación, seguridade e diversión a partes iguais, e que ademáis den prioridade ao trato respectuoso, cálido, cercán e familiar por parte da equipa profesional.

Facemos diagnose, planificamos, realizamos e avaliamos con sumo rigor, facilitando memorias e outros instrumentos de avaliación real e constatada para amosar a calidade de cada proxecto realizado.

Traballamos con, por e para tódalas persoas, ofrecendo ocio educativo para crianzas, mocidade, adultos e maiores.